Condiciones y términos de uso

Aprobación definitiva de modificación de Ordenanza Fiscal.

O Concello de Lousame, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26/03/2021, acordou a aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola utilización dos servizos prestados na piscina municipal.

Aperturouse un período de información pública, mediante anuncio publicado no Taboleiro de Edictos o día 05/04/2021 e no Boletín Oficial da Provincia núm. 65 do 09/04/2021. Dito período de información pública rematou o día 24/05/2021, sen que conste presentada ningún tipo de suxerencia ou reclamación. Por este motivo, enténdese elevado a definitivo o acordo plenario do día 26/03/2021, que até ese momento era provisional.

O texto íntegro da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola utilización dos servizos prestados na piscina municipal é o seguinte, que se fai público no cumprimento do artigo 17.4 do TRLRFL:

Redacción anterior

Artigo 5: Cota Tributaria

1.- A contía da taxa reguladora nesta Ordenanza será fixada nas Tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servicios e actividades.

2. As tarifas serán as seguintes:

  • Bonos por temporada adultos (maiores de dezaseis anos): 12,02 euros.
  • Entrada adultos (maiores de dezaseis anos): 1,20 euros.
  • Inscricións ós cursos 6, 00 euros mes co desconto do 50% no caso de ter abono de tempada.

Modificación aprobada definitivamente

Artigo 5: Cota Tributaria

1.- A contía da taxa reguladora nesta Ordenanza será fixada nas Tarifas contidas nos apartados seguintes, para cada un dos distintos servicios e
actividades.

2. As tarifas ordinarias serán as seguintes:

Abonos de Tempada

  • De 0 a 6 anos De balde
  • De 7 a 15 anos 15,00 €
  • De 16 a 64 anos 30,00 €
  • De 65 anos adiante 15,00 €

Entradas puntuais

  • De 0 a 6 anos De balde
  • De 7 a 15 anos 1,00 €
  • De 16 a 64 anos 2,00 €
  • De 65 anos adiante 1,00 €

3. As tarifas reducidas serán aplicadas a aquelas persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social. Esta situación de vulnerabilidade debe acreditarse, a petición do interesado, por medio de informe dos Servizos Sociais do Concello de Lousame. As tarifas reducidas serán as seguintes:

Abonos de Tempada

  • De 0 a 6 anos De balde
  • De 7 a 15 anos 2,00 €
  • De 16 a 64 anos 4,00 €
  • De 65 anos adiante 2,00 €

4. Establécese unha bonificación do 50% na cota tributaria para aquelas persoas que sexan membros dunha familia numerosa e teñan recoñecida tal condición segundo a Lei 40/2003, do 18 de novembro de protección ás familias numerosas. Para isto deberán achegar xunto coa solicitude a documentación acreditativa desta circunstancia (título oficial de familia numerosa)

A modificación da Ordenanza Fiscal entrará en vigor coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, tal e como establece o artigo 70 da LRBRL e 17 do TRLRFL.
Contra o acordo definitivo de aprobación da modificación da Ordenanza Fiscal, conforme ao artigo 19 do TRLRFL, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.